C.M.V.M.C. DE SAIAR

A parroquia de Saiar, que foi concello ata o ano 1894 (con capitalidade en Sequeiros), ocupa actualmente unha superficie de 1560 ha. Linda ó Norte dende o Pico de Meda con Dimo (Catoira), ó Sur coas parroquias de Godos (Caldas) e Portas e cara ó Oeste con Cea (Vilagarcía). O contorno de esta parroquia abrangue dende as fértiles e chairas ribeiras do Umia, onde desaugan mainamente os ríos Barral e Ameixeiras, a apenas 16 m. sobre o nivel do mar, ata os penedos e cume do Xiabre (Monte Meda), cunha cota máxima de 643 m., onde se albisca unha amplia panorámica sobre as comarcas do Salnés e Ulla-Umia.

Así pois, nos seus 5,5 km. de eixo Norte-Sur e os 4 km. do eixo Leste-Oeste, Saiar posúe unha paisaxe natural e cultural única: bosques de ribeira, sobreirais, penedos, petroglifos, arte románica, cruceiros, cabanas... Montes, pedras e terras que foron habitadas e traballadas polos seus veciñ@s dende o noso pasado máis remoto ata os nosos días.

Facebook C.M.V.M.C.

Visítanos

Rexistro Comuneiros

Descarga

Contacto

¡Ver más!