20 de September del 2014

Enfermidade Vírico-Hemorráxica

Ven de detectarse en varios tecores unha nova variante da Enfermidade Vírica Hemorráxica (EVH) no coello de monte, e ante a próxima apertura da tempada de Adestramento (1 de setembro), desde a Federación Galega de Caza pensan que este é o momento máis axeitado para que os cazadores coñezamos máis polo miúdo esta grave enfermidade que afecta, ou pode afectar, aos coellos dos nosos tecores, e ao mesmo tempo poder colaborar, mediante a recollida de mostras, cando detectemos animais mortos que presenten signos da enfermidade.

Protocolo de actuación ante la nueva cepa de la EVH del conejo silvestre