2 de June del 2017

Laxe dos Bolos

Son uns petroglifos situados nunha gran pedra da ladeira este do Monte Xiabre.

Calcolítico - Idade de Bronce (III -II Milenio a.C.)

Contén deseños de tipo esquemático e xeométrico: representacións zoomorfas, pegadas, cazoletas, combinacións circulares con e sen apéndice radial, motivos cuadrangulares con divisións internas, así como outras variantes.

Son deseños de complexo significado y forte simbolismo, reflexo dos intereses da época, relacionados co culto á caza, a fecundidade, os astros ou a natureza.

En 2008 publicouse unha nova na que se daba a coñecer a existencia de un conxunto espectacular de petróglifos en Saiar, A Laxe dos Bolos, considerada unha das maiores inscricións rupestres de Galicia.

Cando se estuda un grabado nas rochas faise un calco dos debuxos en papel e este foi realizado en 1980 por Antonio de la Peña.